Dosier: financiamento audiovisual

A crise financeira paraliza a primeira longametraxe do director José Manuel Bazarra, “Sepi”

O Teatro Principal acolle mañá (21:30 horas) a proxección da curta 5 pezas. A cita non tería moito de especial, se non fora porque é unha precuela, o avance do que espera sexa Setembro, a primeira longametraxe de José Manuel Bazarra “Sepi”. Malia contar con subvencións da Xunta e da TVG non conseguíu o financiamento bancario que precisaba para comezar a rodaxe por mor da crise. Non é a primeira produción que se adía, repasamos neste dosier o financiamento cinematográfico.

Os mortos van ás présas foi a primeira película paralizada no pa´si
Ángel de la Cruz recupera a rodaxe de “Os mortos van ás présas” un ano despois da paralización

Novas saída nos medio da paralización
O equipo de “Os mortos van ás présas” non denunciará a Dygra, mentres buscan financiamento para seguir coa produción

Reportaxe sobre o proceso de financiamento no sector audiovisual
O financiamento é a parte máis complexa dunha produción audiovisual que dura unha media de cinco anos