Vigo lembrará ó músico Enrique X. Macías celebrando un Memorial

Memorial para unha carreira truncada

O I Memorial Enrique X. Macías de müsica Contemporánea vai a achegar a Vigo este mesmo outono un completo programa musical que inclúe nove estreas mundiais. Formacións de primeira liña, compositores recoñecidos, novos valores e clásicos deste séculos mestúranse nun encontro organizado pola Fundación Barrié para lembrar a figura do compositor vigués Enrique X. Macías, unha destacada figura da música contemporánea que viu truncada a súa prometedora carreira ó chegarlle a morte ós trinta e sete anos. Será a partir da vindeira semana en Vigo.

Tocar en todas as frontes



Manuel Rodeiro, director da Fundación Laxeiro destaca a importancia dun festival que na súa primeira edición conta con nove estreas mundiais no eido da música contemporánea, cinco dos cales foron encargas realizadas por esta entidade. Ademais poderán escoitarse obras dalgúns dos máis destacados compositores deste século, coma Stravinsky, Ligeti ou Xenakis.
Os obxectivos marcados para esta primeira edición son, por unha banda, ofrecer un panorama das tendencias musicais do século XX, e pola outra amosar as últimas tendencias da creación.
Ademais, rodeiro sinala que con este festival preténdese prestar apoio ós compositores galegos, sen deixar de lado o que se fai noutras comunidades e traendo a Vigo a algúns dos novos valores máis destacados do panorama internacional.
Así, compositores do país coma Antón L. Pulido ou Xesús González entre outros estrearán obras na Cidade Olívica a vindeira semana.
De diferentes lugares de España chegarán máis estreas, coma as de J. Erkoreka, Durán Loriga, J. Rueda, Juan Carlos Martínez Fontana ou José Manuel López, Premio Nacional de Música 2000.
En canto a intépretes internacionais de primeira liña, o encontro estará tamén ben surtido, coa presencia de figuras tan destacadas coma o percusionista Miguel Bernat, o pianista Ananda Sukarlam, ou o violinista David Quiggle. Tamén os intérpretes galegos terán o seu lugar no memorial, coa presencia do saxofonista Pablo Coello, o violinista Carlos Escobar e o clarinetista Felipe González.

A pintura musical


Dentro dos seus obxectivos de potenciar a arte contemporánea en todas as súas formas e coa intención de lembrar a figura de Enrique X. Macías, a Fundación Laxeiro puxo en marcha este ambicioso proxecto que convertirá a Vigo no centro da música contemporánea durante o mes de decembro.
Para desenvolver o programa, a Fundación buscou a colaboración de entidades coma Caixanova, o Centro para a Difusión da Música Contemporánea do Ministerio da Cultura, o Concello de Vigo, a Asociación de Intérpretes e Executantes, Iberia, Casadetolos e o Hotel Compostela. Unha completa lista de patrocinadores que dá unha idea da importancia do evento.





O homenaxeado


Enrique X. Macías naceu en 1958 e van xa para seis anos da súa morte en 1995, cando tiña trinta e sete anos. Musicalmente, a súa obra é debedora no vangardismo europeo posterior á II Segunda Mundial, con obras coma "Nobilísima Visione" ou "Iubilaem".
No intre da súa morte estaba considerado coma un dos principais compositores da escea galega. Ademais foi bolseiro durante catro anos do Instituto para a Nova Música de Darmstadt en Alemaña, admeais de traballar nos estudios de música electrónica da Radio Finlandesa e na Academia de Música de Cracovia. Chegou asimesmo a ser compositor invitado no Instituto de Sonoloxía de Utrecht e obtivo premios coma o holandés Gaudeamur ou o Cristobal Halfter en España.