A Coruña apoia na BD a súa campaña pola corresponsabilidade

Dúas historias de Luís Sendón protagonizan a iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Coruña apoia na BD a súa campaña pola corresponsabilidade

Corresponsabilidade na casa e Corresponsabilidade na escola son os títulos das dúas BDs de oito páxinas que fan parte da campaña Coeducando para un novo fogar do Concello da Coruña. As dúas historias son da autoría de Luís Sendón, están dirixidos a preadolescentes e queren conscienciar contra a división por sexos tanto no espazo escolar como nas tarefas da casa. Dez mil exemplares das dúas publicacións, producidas por Filtrocomunicacións distribuiranse polos centros de ensino da cidade e empregaranse nos obradoiros sobre corresponsabilidade que se desenvolverán no seo da campaña.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Ensino

Claves

Lugares