O debuxante Xosé Tomás presenta BDs en formato flash no web do Consello Galego de Cooperativas

Xosé Tomás on line

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Consello Galego de Cooperativas inclúe, dentro da súa campaña para explicar o cooperativismo na escola, bandas deseñada debuxadas por Xosé Tomas e guionizadas por el mesmo canda a Arturo Iglesias e José Luís Orge. “A vida ameazada”, “O rap de Fuco”, “A visita interestelar” e “Indi’s Attack” son os títulos que compoñen a serie “As aventuras de Coopi e Fuco”, que comezou no ano 2003 e que continúa este ano coas dúas últimas historias. As BDs pódense consultar a través do web desta entidade en formato flash e existen ademais versións en PDF das dúas primeiras historias. En breve poderá verse na televisión un anuncio desenvolvido a partir dos mesmos personaxes e no que tamén foi Xosé Tomas o autor do story-board.

Máis información en cooperativasdegalicia.org e na ficha de José Tomás

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Tomás, Xosé Tomás, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades