Se levaba un tempo aparentemente afastado da BD, o ferrolán Xosé Tomás protagoniza un prolÃfico retorno ao xénero. Para comezar, o vindeiro mes de febreiro sairá á luz o anunciado “Tolos” nunha dupla edición con capas dura e branda, respectivamente. A obra, editada pola Universidade da Coruña, quere facer reflexionar aos aspirantes a universitarios sobre as posibilidades do ensino superior. Dous meses despois, en abril, o autor agarda publicar unha historia de dez páxinas, tamén dirixida a escolares, na que narra a matanza do Portiño, na Coruña. A obra, que realiza co asesoramento do colectivo herculino sobre a memoria histórica irá grapada e en formato folio, e distribuirase en centros de ensino. Para rematar este comezo de 2008, o 17 de maio verá a luz o volume “Historias de Betanzos” da man do concello. A obra recompila en cinco capÃtulos de dez páxinas outros tantos relatos ambientados na Vila dos Cabaleiros en distintas épocas. A intención inicial é que se o proxecto acada repercusión, a serie continúe con novas historias curtas, sempre co asesoramento do Cronista Oficial da Vila. Estes e outros traballos poden verse no web e mais no blog que o autor acaba de abrir.
Máis información no web , e mais no blog do autor ; a nova sobre Tolos a nosa ficha de Xosé Tomás