A metade das ONGs emprega habitualmente o galego

Política Lingüística e Relacións Exteriores presentan un estudo sobre este sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Ata un oitenta por cento das organizacións non gubernamentais galegas contemplan o respecto á diversidade lingüística nos seus estatutos, e un 75% considera importante que o galego sexa a súa lingua oficial. Estes son algúns dos datos que se recollen o estudo que realizou o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e que presentaron esta mañá as secretarías xerais de Política Lingüística e de Relacións Exteriores. No entanto, o mesmo estudo recolle que o emprego efectivo da nosa lingua nestas organizacións asentadas no país queda nun 50%. Detéctase tamén unha grande diferenza entre aquelas que teñen a súa sede central en Galicia, das que o 72% se comunican en galego, e aquelas que son delegacións de entidades foráneas, que só o empregan nun 28%.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Lingua galega