Azorín, García Márquez ou Hemingway incorpóranse á colección Miradas alleas

O proxecto pretende reunir obras de escritores recoñecidos que tiveron relación con Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Julio Cortázar, Ernesto Sábato e Jorge Luis Borges son os escritores que abriron a colección Miradas alleas, coa que a Secretaría Xeral de Comunicación pretende reunir aos grandes autores que tiveron algunha relación con Galicia. Malia que o proxecto foi presentado en maio do 2008 en Bos Aires, hoxe chega unha segunda entrega con tres novos autores. Azorín, Gabriel García Márquez ou Ernest Hemingway protagonizan os tres novos volumes que se presentan hoxe no Museo do Pobo. Ademais, a Secretaría Xeral de Comunicación xa anunciou os próximos autores en incorporarse á iniciativa: John Adams, George Borrow, Luis Bello, Grahan Green e García Lorca.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, George Borrow, Ernest Hemingway, Lorca...

Claves

Conceptos
Lugares