Nace Letra en obras un novo web sobre literatura

O proxecto preséntase cunha antoloxía de novos creadores en PDF

Fragmento da capa da primeira publicación de <i>Letra en obras</i>
Fragmento da capa da primeira publicación de Letra en obras
Información, axenda, entrevistas e certames, pero tamén vídeos e mais relatos e obras inéditas de creación. Esta é a aposta coa que se presentaba onte, Día das Letras, Letra en obras, un novo web que pretende axudar na promoción de novos escritores e que agarda "acadar unha certa continuidade na publicación de textos que, nos medios de relación cos que conta hoxe a literatura galega, rematan ás veces condenados a balorecer nos caixóns". Como carta de presentación, lanzan o libro 17 letras sen día (en formato pdf e epub e con licenza Creative Commons), ao que outros tantos autores novos achegan un relato. Pablo García Martínez, un dos promotores, explícanos máis polo miúdo este proxecto.

17 letras sen día en formato pdf.