A pegada de Galicia na vida ou na obra de 50 recoñecidos nomes das artes, a ciencia ou o pensamento do último século e medio é o que amosa a exposición 'Detrás do espello' que ven de inaugurarse no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. O proxecto está comisariado polo xornalista, comisario e xestor cultural Xosé LuÃs GarcÃa Canido e o escritor, músico, produtor e director audiovisual, Antón Reixa. A mostra componse dunhas 300 pezas, a meirande parte delas documentos, carteis, fotografÃas, cartas ou manuscritos, incluÃndo tamén unha vintena de audiovisuais e unha reducida escolla de obxectos simbólicos, como a gaita e o Premio Grammy de Paddy Moloney ou unha instalación do artista Hamish Fulton, asà como o diario manuscrito do escritor austrÃaco Stefan Zweig, que por vez primeira se pode ver en España, procedente do Arquivo de Literatura da Universidade de Salzburgo, nel o escritor austrÃaco describe a súa visita a Vigo menos dun mes despois do golpe franquista e augura o ascenso do nazismo en Europa. Ademais deles 'Detrás do espello' reúne tamén materiais relacionados outros homes e mulleres relevantes na historia da cultura universal que afondaron na realidade galega ou se deixaron inspirar por ela, como GarcÃa Márquez, Albert Einstein, Miles Davis, Ernest Hemingway, Luis Buñuel, Federico GarcÃa Lorca, Julio Cortázar, Mike Oldfield, David Chipperfield, Anna Turbau ou Isabel Coixet, entre outros moitos. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 11 de xuño.