
A partir do trinta de xaneiro e ata o vindeiro sete de marzo, pode verse na sede da fundación a primeira mostra a nivel estatal da italiana Luísa Lambri, que achega os resultados da última residencia que se desenvolveu en maio do pasado ano en Galicia. En concreto trátase de doce obras nas que a autore reflexiona sobre a arquitectura de Álvaro Siza no Centro Galego de Arte Contemporánea, na Facultade de Periodismo de Santiago e na Fundación Serralves no Porto.