As residencias artísticas Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra xa están en marcha e veñen de seleccionar os seus beneficiarios. O próximo luns viaxará a Bruxelas Carlos Fer, o primeiro dos artistas seleccionados, para iniciar o desenvolvemento do seu proxecto na Fundación Nicole & Walter Leblanc. En abril tomaralle o relevo Andrea Davila Rubio, a segunda artista escollida. Ambos completarán as residencias nos seguintes meses en Matadero Madrid e as obras que se materialicen ao longo deste proceso formarán parte da exposición da 32ª Bienal de Pontevedra, que se celebrará este verán. Para desenvolver estas residencias, as persoas seleccionadas recibirán unha bolsa de 9.500 euros cada unha.
Carlos Fer é un artista multidisciplinar e comisario graduado en Belas Artes da Universidade de Vigo, cun máster en Profesorado e outro en Debuxo e Creación Audiovisual na Universidade de Granada. Actualmente, está a facer un Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea na Universidade de Vigo. O seu proxecto para a residencia Novos Valores leva como título Exercicios par colgar unha pintura. Parte da obsesión no traballo recente de Carlos Fer por investigar sobre a forma na que se dispón unha pintura e como isto cambia totalmente o que esta comunica, como o espectador a percibe e a maneira na que se relaciona consigo mesma e co espazo. Esta proposta artística baséase en reinterpretar o feito de colocar un cadro na parede, facendo desta unha acción imposible.
Andrea Davila Rubio é graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, máster en Investigación e Creación en Arte Contemporánea pola Universidade do País Vasco e experta Universitaria en Estudos Culturais, Afectos e Coñecemento Situado pola Universidade Pública de Navarra e a Universidade do País Vasco. Doutoranda na Universidade de Vigo, a súa práctica artística e de investigación céntranse na escultura española contemporánea, con especial interese por cuestións de corporalidade e materialidade. O seu proxecto The body is earth, which becomes garden at the touch of water parte das investigacións teórico-prácticas iniciadas durante a súa residencia artística en Atelier Mondial en colaboración co Institue Art Gender Nature (Basilea, Suíza), que buscaban analizar a interrelación entre o corpo humano e a súa contorna, recontextualizando esta temática desde unha óptica feminista posthumana.