O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba este 17 de decembro a convocatoria das dúas novas residencias artísticas que pon en marcha o Museo Provincial. Segundo indica a Deputación, esta proposta levará dous nomes emerxentes da provincia á Fondation Walter & Nicole Leblanc de Bruselas e mais ao Centro de Residencias Artísticas Matadero Madrid.
Esta proposta substitúe o certame Novos Valores, que desde 2004 galardoaba as melloras propostas emerxentes da provincia. Segundo sinalou o vicepresidente da Deputación, Rafael Domínguez, o obxectivo desta mudanza é darlle un novo pulo cunha perspectiva máis actualizada ao apoio á creación nova. "Abandonamos o formato tradicional do certame de artes plásticas para abrazar unha iniciativa máis aberta, innovadora e global, que conecta o arte coa reflexión crítica e a participación social", sinalaba.
As residencias cubrirán estadía das dúas persoas seleccionadas durante catro semanas na fundación belga e por un período de tres meses no Matadero de Madrid. Para isto contarán cuns fondos de 9.500 euros para o desenvolvemento dos proxectos, gastos de transporte e manutención ademais doutros 5.500 euros para o transporte e seguro das obras resultantes, que se poderán ver no marco da renovada Bienal de Arte Contemporánea de Pontevedra.