As Residencias Paraíso seguen a medrar na súa terceira convocatoria

Dez proxectos poden aspirar este ano a entrar no programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
As Residencias Paraíso seguen a medrar na súa terceira convocatoria

O programa de residencias artísticas impulsado polo Colectivo RPM en colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de abrir a convocatoria para a súa terceira edición. O programa de residencias artísticas de investigación e creación arredor da danza e as artes vivas contemporáneas en Galicia inicia o seu terceiro ano de vida medrando de novo (xa o fixera na súa segunda convocatoria) e presentando a aumentando a capacidade para acoller ata 10 proxectos en residencia, dous máis que en 2018, cun importe total de 20.000 euros. As residencias ocorrerán entre abril e novembro e a duración de cada residencia será de entre dúas e tres semanas.

O programa de Residencias Paraíso é posible grazas a unha rede de colaboración de espazos de distinta natureza, dende teatros ou centros de arte a facultades ou espazos non convencionais. As tipoloxías dos distintos espazos favorecen a acollida das diversas fases dun proxecto artístico, como por exemplo a fase de investigación, a de escritura, o traballo dramatúrxico, a creación coreográfica, así como residencias de carácter técnico. A convocatoria está aberta ata o luns 15 de febreiro para artistas de todo o panorama nacional. A selección farase pública na web do Colectivo RPM antes do 6 de marzo de 2019 trala confirmación cos/as artistas seleccionados/as.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Residencias Paraíso, Danza, Natureza, Axencia Galega das Industrias Culturais