Caeu o pinsapo da Casa Grande de Trasalba

A árbore substituía a que se plantou ao nacer Otero Pedrayo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Caeu o pinsapo da Casa Grande de Trasalba

Malia a que a lenda popular di que era unha araucaria, na realidade era un pinsapo a árbore que o pai de Otero Pedrayo plantou ao nacer o escritor na Casa Grande de Trasalba. Unha tormenta acabou con ela en 1972, catro anos antes da morte do patriarca galeguista, que considerou aquel feito coma un anuncio do seu propio final. En 1976, logo da morte de Pedrayo, os responsables da Fundación que leva o seu nome plantaron unha nova árbore no mesmo lugar, que ficou alí lembrando a historia ata que o temporal desta fin de semana acabo por derrubala. Canda a este destrozo, o vento causou danos no tellado da casa. A Fundación anunciou xa a súa intención de plantar unha nova árbore no lugar deixado por esta.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Morte, Ramón Otero Pedrayo

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares