Poio remata o Parque da Memoria

O proxecto acumulaba 4 anos de atrasos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Escola de Canteiros de Boa Vista agarda rematar hoxe a instalación das pezas que conforman o Parque da Memoria, en Poio. A iniciativa, proxectada polo premio nóbel Adolfo Pérez Esquivel e que conta coa colaboración doutros gañadores deste galardón, comprende catro grupos escultóricos cun total de 120 toneladas de granito. Canda a estes, instalarase unha peza metálica, a semente, que emitirá polas noites a palabra "paz" en código morse, luz e son. A inauguración oficial do parque está prevista para o vindeiro verán, uns catro anos despois da presentación do proxecto.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poio, A Semente

Claves

Entidades
Lugares