Concrétase o proxecto do Parque da Memoria de Poio, que contará coa participación de cinco premios Nobel

Os Nobel veñen ao parque

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A vista que o premio Nobel Adolfo Pérez Esquivel está a facer ao noso país con ocasión da Semana Galega de Filosofía serviulle para avanzar novas sobre o Parque da Memoria, o proxecto que dirixe en Poio. Esquivel agarda que o recinto estea finalizado este mesmo ano, e asegurou que conta xa cun texto de José Saramago e co compromiso doutros cinco premios Nobel, entre eles Nelson Mandela e Rigoberta Menchú, para participar neste proxecto. O parque quere ser un espazo dedicado á paz e ao entendemento entre os pobos, que ao tempo lembra a relación entre Galicia e América.

Máis información en La Voz de Galicia, en Faro de Vigo e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nobel, Poio, Filosofía, Culturagalega...