Jon Juaristi e Adolfo Pérez Esquive, reclamos dos cursos de verán da UIMP

Estudiosos de verán

Cos calores de verán, moitos aproveitan a temporada estival para combinar as praias cos numerosos cursos que as universidades programan para as vacacións. E a primeira en presentar as súas novidades foi a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) que presenta un programa en xullo, de entrada libre, rodeada dun cartel de luxo: o escritor e director do Instituto Cervantes, Jon Juaristi e o premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel. Outras universidades, como a de Santiago, contan xa co prazo aberto de inscrición nos numerosos cursos que teñen programados.

En Pontevedra e Coruña coa UIMP


Durante todo o mes de xullo desenvólvese o programa forte dos cursos de verán que organiza a Universidade Internacional Menéndez Pelayo. Un programa que este ano conta cun perfil maioritariamente humanístico, está formado por seminarios, encontros e conferencias, que están abertas ó público en xeral.
As conferencias comezan o día 2 de xullo, con "En torno á palabra escrita" unha conferencia que corre a cargo do escritor e catedrático de Filoloxía Española da Universidade do País Vasco. Dous días despois, o 4, comeza o encontro "Cultura de paz para un novo milenio" no que o presidente da Fundación Cultural de Paz, Federico Mayor Zaragoza e o premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, abordaránas relacións sociais, a globalización e a débeda dentro da situación social actual.
E dende o 9 ó 13, o director da serie de televisión "A Rexenta" e diferentes relatores abordarán a figura de Clarín.
Entre o resto dos actos , a directora da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Marta Rey, o director da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia, Ramón Villares, que presentaron o programa de actividades, destacaron ademais o seminario "Do home recolector-cazador á alimentación actual", que está dirixido por Gregorio Varela, catedrático emérito de Nutrición da Universidade Complutense.












Cursos na Universidade de Santiago


A Universidade de Santiago tamén ofrece para este verán a súa oferta de cursos, cos que completar a formación académica universitaria. Os cursos ofertados nesta nova edición atenden a múltiples disciplinas e están repartidos en cinco localidades (Santiago, Lugo, Ribadeo, Seoane do Caurel e Sarria). Á oferta do ano anterior, súmanse novos seminarios centrados nba ficción no audiovisual, as políticas comunitarias, e a situación xurídica da muller. Os cursos teñen uns prezos que oscilan entre as 10.000 e as 20.000 pesetas. A asistencia ós cursos de verán está avalada por un diploma, e ós estudiantes da USC concederáselles un crédito de libre elección.