Cadaquén emprega as súas vacacións de verán para o que lle prace. Os máis estudiosos, teñen no tempo estival a mellor oportunidade para tomarse esa revancha cos libros que o curso ou o traballo non deixou. O vindeiro luns 16 teremos onde escoller. Un curso de "Aproximación ó conto literario" en Pontevedra da man da Universidade Internacional Menéndez Pelayo; un congreso sobre Otero Pedrayo no pazo de Trasalba ou unha aproximación ós fundamentos históricos, económicos ou musicais entre Galicia e o norte de Portugal en Vigo.
Achegándonos ós contos
Os escritores José MarÃa Medino Sánchez e Madardo Fraile son os encargados de traer ós contos á Pontevedra. E fano no marco dos cursos de verán que organiza a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Pontevedra e que se desenvolven no centro que a UNED ten en Monteporreiro.
O obradoiro "Aproximación ó conto literario" comezará o vindeiro luns e está dirixido a estudiantes, persoas adicadas á literatura e lectores en xeral. Ten un carácter eminentemente práctico e participativo, polo que non se precisan sólidos coñecementos sobre o xénero literario.
De todos xeitos, o principal obxectivo deste curso é obter a claves para poder diferenciar o conto popular, do literario do relato de costumes.
Pedrayo volve a Trasalba
Este ano cúmplense 25 anos da desaparición de Otero Pedrayo. Por ese motivo estanse a organizar multitude de conferencias, coloquios, cursos e seminarios. E o máis próximo no tempo é o "Congreso sobre Otero Pedrayo" que se desenvolverá do 16 ó 20 de xullo no Pazo de Trasaba. Un congreso que se divide en tres apartados: un que analizará a obra, outro adicado ós relatorios presentados ó congreso que versan sobre a lingua e a literatura; e unha terceira parte que na se inclúe o Congreso de Profesores de Lingua e Literaturas Galegas.
E desde Vigo a Eurorexión
Unha aproximación ós fundamentos históricos, económicos, sociolóxicos e ecolóxicos entre Galicia e norte de Portugal son os cometidos fundamentais que se tratarán no congreso que terá lugar a partires do luns en Vigo. O curso ten como obxectivo xerar o debta na comunidade universitaria sobre os temas relacionados coa construcción europea.
Os profesores responsables dos módulos Jean Monnet da Universidade de Vigo son os encargados de impartir as clases deste curso.