Manolo Rivera: “A cooperativa permítenos máis actividade empresarial do que unha asociación”

Prepárase en Ferrol a primeira Cooperativa Cultural de Consumidores e Usuarios

Unha empresa de economía social destinada a fornecer propostas culturais aos seus socios e ao público xeral. Este é o espírito co que se está a xerar en Ferrol a primeira Cooperativa Cultural de Consumidores e Usuarios de Galicia. Turismo alternativo, artesanía, comercio xusto, promoción de creadores... As propostas son moitas e moi variadas. Polo momento medio cento de persoas sumouse a definir os estatutos e o funcionamento da iniciativa. Un dos seus promotores, Manolo Rivera, explícanos as bases desta iniciativa.