Remata, logo de sete anos, o proxecto Interea

A iniciativa desenvolveu abondosas propostas sobre acción sociocultural a nivel municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Naceu en 2001 froito da colaboración entre a Deputación da Coruña e as Universidades da Coruña e de Santiago. O proxecto Interea, concibido coma unha iniciativa de investigación aplicada, foi desde aquela un importante foro de reflexión e de formación encol do traballo sociocultural para técnicos locais, asociacións e outros axentes. Agora, segundo anunciaron José Antonio Caride e Héctor Manuel Pose, coordinadores do proxecto, este chega ao seu fin logo de que a Deputación decidise non continuar a iniciativa. Segundo lembran Caride e Pose, Interea obtivo amplos recoñecementos a nivel estatal e internacional polo seu formato anovador e a calidade dos seus contidos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Deputación da Coruña, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos