Coñécense os gañadores do proxecto 10x10 Pública

Recibirán cadanseus 2.000 euros polo seu carácter anovador no campo da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O proxecto 10x10 Pública da Fundación Contemporánea e o Concello da Coruña ten xa premiados na súa primeira edición. O Fac peregrina furancho de arte contemporánea, a iniciativa O monte é noso. Sachando procomún e mais Robocicla upcycling recibirán cadanseus 2.000 euros atendendo ao seu carácter anovador no campo do emprendimento cultural. O pasado seis de novembro celebrouse na Coruña a xornada de presentación de propostas no marco desta iniciativa, que recibiu un total de 125 participantes. A tenente alcalde coruñesa, Ana Fernández, amosou a súa satisfacción polo éxito do proxecto e anunciou o seu interese en continuala.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Contemporánea, Concello da Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)