A Solaina de Piloño premiada como proxecto máis anovador da provincia

A Deputación de Pontevedra concedeu os seus Premios Provinciais á Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Proxecto Cultural máis Innovador e Vangardista da provincia de Pontevedra é o que desenvolve a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño en Vila de Cruces. Así o recoñeceu a deputación de pontevedra ao lle entregar o galardón nesa categoría dentro dos Premios Provinciais á Cultura deste ano. Canda esta iniciativa, o ente provincial outorgoulle o galardón á Traxectoria Cultural á Agrupación de centros deportivos e culturais de Vigo. O premio César Dios Diosiño foi para a Escola de Danza Perla de Arousa e o de Protección ou Recuperación do Patrimonio Público para o Concello de Campo Lameiro polo seu traballo na recuperación de petróglifos. Cada un dos galardóns está dotado con 6.000 euros de premio.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Danza, Vila de Cruces, Arousa...