Imaxes do lugar onde se ergue a Torre de Hércules hai 350.000 anos e no século II. Unha recreación do propio monumento a comparar o seu aspecto orixinal e o actual. As variacións do nivel do mar nos últimos 300.000 anos vistas do miradoiro dos Castros. Estas son só algunhas das propostas que achega o proxecto Estación Visual da Coruña, unha iniciativa que pretende recrear en tres dimensións a evolución da paisaxe herculina desde o Paleolítico Inferior ata a fin do Imperio Romano.
O proxecto, que ten xa publicado un primeiro prototipo dos seus contidos, con diferentes vídeos e imaxes de como foi a zona en tempos pretéritos, conta co asesoramento de especialistas en xeoloxía como Juan Ramón Vidal Romaní e Urbano Fra, historiadores e arqueólogos como José María Bello Diéguez, Xan Luis Vázquez Gómez iou Aurelia Balseiro ou arquitectos como Pablo Latorre Gozález-Moro entre outros.
Para alén do material que xa presentaron, o equipo responsable da iniciativa ten en marcha un Verkami co que pretenden completar o financiamento necesario para completar esta proposta. O prazo para contribuír ao mesmo esta aberto ata o vindeiro 30 de xullo e a intención é que no vindeiro mes de outubro estea dispoñible na rede todo o material do proxecto, ademais dun libro con reproducións do mesmo.
Nos contidos, que se presentarán en aberto, permitirase a navegación a través do web por representacións da paisaxe e dos edificios que existían na zona en diferentes momentos, así como as mudanzas na vexetación e na paisaxe de cada período histórico.