A reflexión sobre a cultura e a sociedade actual centran as conferencias do ciclo Vigo: Nós e a Cidade

Os debates inícianse hoxe co especialista en políticas culturais Héctor Pose

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A relación entre cultura e cidade abrirá esta tarde o V ciclo de conferencias Vigo: Nós e a Cidade que organiza a Fundación Casares. Un seminario que abordará temas culturais, coma a importancia dos museos, os distintos festivais que se organizan na cidade, a relación entre a prensa e a cultura e as infraestruturas para as artes escénicas da man de especialistas na materia vencellados ao ámbito universitario e cultural como Manuel Cuenca, José Hormigón ou Iñaki López de Aguilera. Héctor Pose profesor da Facultade de Ciencias da Educación e especialista en temas de políticas culturais locais, participación social e animación teatral, abrirá esta tarde falando da necesidade da planificación estratéxica da cultura.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Animación, Artes Escénicas, Museos...