A Academia Galega da Língua Portuguesa prepara unha proposta de vocabulario

O material quere se incorporar aos dicionarios comúns da lusofonía

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O primeiro plenario da Academia Galega da Língua Portuguesa serviu para presentar algúns dos proxectos desta institución. Entre outros, a AGLP quere finalizar no vindeiro trimestre un vocabulario galego destinado a se incluír nos dicionarios comúns da lusofonía que se editarán logo do Acordo Ortográfico do Portugués. Segundo aseguraron desde esta entidade, a Academia Brasileira de Letras amosou o seu interese por incorporar este léxico aos dicionarios que se fagan en Brasil. A AGLP aproveitou a sesión para constituír unha comisión de planemanto e informática e adiantou que publicará unha colección de clásicos galegos en ortografía común lusa.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía, Brasil, Plenario, Portugués...