O Ministerio deberá cambiar a Lei de Patrimonio ao traspasar a Galicia arquivos e bibliotecas

É a primeira comunidade autónoma que conta con todas as competencias transferidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

A Comisión Mixta de Transferencias entre Xunta e o Estado acordou o pasado martes o traspaso a Galicia de museos e bibliotecas públicas do Estado. Deste xeito, Galicia é a primeira comunidade que conte transferidas a totalidade das competencias nesta materia. Unha decisión que supón a modificación da Lei de Patrimonio Histórico, tal e como prevé abordar o Ministerio de Cultura ao longo de 2009. Ademais, o xornal La Voz de Galicia publicaba esta semana que o traspaso de Belas Artes “deixa no aire” o 40% dos fondos que exhibe o Museo de Belas Artes da Coruña, xa que son propiedade do Museo do Prado.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, Bibliotecas, Belas Artes, Museos...