Adíase o traspaso de competencias a Galicia por diferenzas económicas

Asociacións, educación e o Parque das Illas Atlánticas son as materias afectadas

17/6/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
15 lecturas | Compartido 0 veces

A Xunta e o Estado non se poñen de acordo na cesión dunha serie de competencias en materia de educación, asociacións e medio. Onte bloqueáronse as negociacións do traspaso de competencias sobre a declaración da utilidade pública das asociacións e a homologación e convalidación de títulos non universitarios de estranxeiros, co que se cancelou tamén a transferencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas prevista para hoxe. Segundo publica La Opinión as contías económicas que producen as diferenzas son mínimas polo que os traspasos se producirán nos vindeiros días.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Educación, La Opinión

Claves

Entidades