Adíase o traspaso a Galicia do Parque das Illas Atlánticas ata o mes de xullo

Tocar o tambo(r)

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Estaba previsto que o traspaso do Parque das Illas Atlánticas a Galicia se realizase en xaneiro. Sen embargo, o proceso deberá agardar, polo menos outros seis meses. É o tempo preciso para que esa transferencia se aprobe en Consello de Ministros, tal e como publica hoxe “El País”. Este mesmo medio asegura que o que parece claro é que Tambo non fará parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Entre outras cousas porque non cumpre a Lei de Parques Nacionais en canto a continuidade xeográfica e aos requisitos de singularidade de flora e fauna. Ademais, a integración da illa tamén depende da resolución dunha demanda xudicial dun propietario disconforme coa expropiación.

Máis información en El País e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El País, Culturagalega

Claves