O ano remata con transferencias culturais

Museos, bibliotecas e edificios históricos pasarán á titularidade da Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa estaba prevista desde hai tempo, pero finalmente a transferencia de competencias culturais desde o Goberno Central á Xunta farase efectiva a vindeira semana. El Correo Gallego recolle hoxe unha lista de equipamentos e competencias culturais que parasarán a mans autonómicas. Na mesma inclúense as bibliotecas nodais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago. Tamén museos coma o das Peregrinacións, o do Castro de Viladonga, o de Belas Artes da Coruña, o Arqueolóxico Provincial de Ourense e o de Artes e Costumes Populares de Ribadavia mudarán de mans. As torres da Porqueira, a Pena e Sandiás, así coma o castelo de Monterrei, en Verín, completan o lote.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Museos, Ourense, Castelo...