O Goberno Central cede diferentes competencias culturais e valora a posibilidade de recibir en Galicia as televisións portuguesas

Hora galega de ZP

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Seis museos (o de Belas Artes, o Castro de Viladonga, o Arqueolóxico de Ourense, a Casa Museo Martín Vázquez, o de Peregrinacións ou as Pallozas do Cebreiro); o Arquivo do Reino de Galicia e os arquivos históricos provinciais de Lugo, Pontevedra e Ourense; as bibliotecas públicas da Coruña Lugo e Santiago; o emprego do Castelo de Monterrei, declaración de utilidade pública de asociacións e mais parque Illas Atlánticas pasarán a ser competencia da Xunta de Galicia o vindeiro ano. Así o acordaron o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana e mais o Presidente do Goberno, Xosé Luís Rodríguez Zapatero, na xuntanza que mantiveron onte. A maiores, Zapatero asegurou no Congreso que o Goberno Central estudará a posibilidade de que poidamos recibir as televisións portuguesas, aínda que sinalou que existen dificultades técnicas para esta iniciativa.

Máis información en La Opinión, en Galicia Hoxe, en La Voz de Galicia, en El País; en El Ideal Gallego; máis novas sobre o traspaso de competencias nos nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito