A RAG deixa de ser competencia do Goberno Central e pasa a depender da Xunta

Real Academia Galega de Galicia

| Santiago.Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Manuel Fraga e o Ministro de Administracións Públicas, Javier Arenas, acordaron onte que a Xunta asuma as competencias que con respecto á Real Academia Galega vén desenvolvendo o Goberno Central. Aínda queda pendente a constitución dunha Comisión Mixta de Transferencias na que se ultimen os detalles do traspaso. De calquera xeito a transferencia non suporá a incorporación da RAG á Administración, e a entidade manterá o seu carácter independente. Segundo sinala “El Correo Gallego” o traspaso supón o traslado do expediente da RAG ó Rexistro de Fundacións de Galicia.

Máis información en O Correo Galego e en El Correo Gallego.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Real Academia Galega, El Correo Gallego, Manuel Fraga...