A Real Academia decidiu esta fin de semana recuperar o estudio sobre a modificación das Normas do galego

Retomar a reforma

30/9/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O plenario da Real Academia Galega (RAG) decidiu esta fin de semana reabrir o estudio sobre a modificación das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do galego, unha proposta que rexeitara hai un ano. Segundo o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, esta decisión “non se trata dunha contradicción” porque se tomou “nunha votación, e non vén como algo imposto desde fóra”, o que para a Academia si acontecía hai dez meses. O plenario designou unha comisión de catro académicos que se completará con catro membros Comisión para a Reforma Normativa do Galego e do Instituto da Lingua Galega, promotores da reforma.

Máis información en O Correo Galego; O noso especial sobre a reforma

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Xosé Ramón Barreiro, Lingua galega, O Correo Galego...