Con máis de media ducia de textos comeza a andar Dramaturxiasdaactualidade.org, o sitio web no que o Centro Dramático Galego (CDG) pretende colgar pezas teatrais escritas por autores do paÃs (xa consagrados ou noveis) e estranxeiros. “Unha ferramenta para dar a coñecer o que se fai aquà no eido da escrita dramática” explicou Cristina DomÃnguez, directora do CDG. Ademais, apuntou que o proxecto é o resultado lóxico do curso Pistas para unha dramaturxia da actualidade que dirixe Cándido Pazó. O actor explicou que ademais de subir os textos (en formato .pdf e de descarga gratuÃta) haberá un foro “para abrir debates que se producen noutros ámbitos”. Manuel Lourenzo, Quico Cadaval ou o propio Cándido Pazó son creadores que xa anunciaron que mandarÃan os seus textos.