É un dos máis reputados dramaturgos do teatro francés contemporáneo, Enzo Cornmann estará en Santiago ata o dÃa 27 no marco da terceira edición do curso Pistas para unha dramaturxia da actualidade. O seminario de escrita dramática que dirixe por Cándido Pazó, pretende que o autor de obras como Credo, Toujours l´orage (Segue a tormenta) e La révolte des Anges (A rebelión dos anxos) dea claves sobre a escrita dramática aos doce alumnos matriculados. O último dos obradoiros –previsto para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril– correrá a cargo da británica Elysee Dodgson, directora asociada e xefa do departamento internacional do Royal Court Theatre de Londres.