O Centro Dramático Galego crea un web para promover a escrita dramática contemporánea

O dominio estará operativo no mes de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A partir do vindeiro mes de decembro, o Centro Dramático Galego activará un web na rede que pretende servir de epicentro da creación dramática actual. O web, segundo comunicou o CDG nunha nota de prensa, “aspira ao dobre obxectivo de ser a vía de acceso de referencia para medir o pulso da escrita dramática galega actual, ao tempo que de servir de plataforma de lanzamento para os creadores”. A novidade fíxoa pública a directora da compañía pública, Cristina Domínguez, no transcurso da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos, se celebra estes días en Alacante. Deste xeito, o CDG completa a súa promoción pola escrita dramática que iniciou con iniciativas como o curso anual Pistas para unha dramaturxia de actualidade.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez, Teatro

Claves

Protagonistas
Conceptos