A compra dun edificio en Ourense completará a estratexia cultural da Fundación Caixa Galicia

A entidade destaca a creación da Bolsa de Primeira Obra para diferentes disciplinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Actividades da Fundación Caixa Galicia no 2008 desglosadas por xéneros

Actividades da Fundación Caixa Galicia no 2008 desglosadas por xéneros

Ourense era a única cidade galega na que aínda non tiñan un espazo propio para o seu proxecto sociocultural. Por ese motivo, a compra da sede da Fundación Caixa Galicia é un dos feitos máis destacados da entidade neste 2008. Así o deu a coñecer a súa directora, Teresa Porto, no marco da presentación do balance do 2008. Entre as cifras achegadas destacan que asistiron à súa programación 2.6 millóns de usuarios. A música e as exposicións foron os sectores que máis público concentraron. En canto ao programa de bolsas, ademais das de posgrado, a entidade creou as Bolsas de Primeira Obra para impulsar a creación dos novos artistas do eido das humanidades.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Ourense, Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)