A Fundación Caixa Galicia abre unha liña de axudas para a produción da primeira obra artística

A primeira bolsa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Promover a creación artística entre os máis novos. Este é o obxectivo das “Bolsas Fundación Caixa Galicia para primeira obra”. Un programa pioneiro que ten unha dotación de 120.000 euros é que apoiará os artistas emerxentes dándolles a oportunidade de “crear, realizar e mostrar as súas obras, prestándolles apoio económico e proxección pública”, segundo figura na nota de prensa remitida pola entidade. Ademais desta modalidade de axudas, as novidades da convocatoria pasan porque os destinatarios xa non son só galegos, tal e como acontecía ata o de agora, senón que se abren a todos os españois ou estranxeiros residentes no Estado.

Máis información no web da Fundación Caixa Galicia

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia