A Fundación Caixa Galicia convoca as súas Bolsas de Primeira Obra

Este mes estréase Outro Paralelo 43, documental xurdido na primeira convocatoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É un programa de axudas para creadores das diferentes disciplinas: audiovisual, arte, música....Chámase “Bolsas de Primeira Obra” e a Fundación Caixa Galicia creouna o ano pasado para promover novos valores. Agora, mentres acaba de facerse pública a convocatoria da segunda edición, preséntanse os resultados da primeira. O 27 de marzo a sede santiaguesa da Fundación Caixa Galicia acollerá a presentación de Outro Paralelo 43, documental que narra a viaxe entre Fisterra e a localidade rusa de Vladivostok a bordo do tren Transiberiano. A esta séguelle, o 16 de abril, na sede da entidade na Coruña a peza musical Viaxe por Kallaikía, realizada ao abeiro deste programa.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Documental, Fisterra, A Coruña