O cuartel de Macanaz na Coruña transformarase dentro de trece mese na sede da Fundación Luis Seoane e da universidde Menéndez Pelayo. Onte púñase a primeira pedra dunha obra que dará por fin aloxamento a unha fundación creada en 1996. Outra sede para a cultura que se porá en marcha en breve pola zona norte será o novo local da Fundación Caixa Galicia en Ferrol, a antiga sede do goberno militar que comezará a remodelarse en abril.
A casa de Seoane
O noventa aniversario de Maruxa Fernández, viúva de Seoane, foi a data escolleita para poñer a primeira pedra das obras da nova sede da Fundación Luis Seoane na Coruña.
O antigo cuartel militar de Macanaz será, unha vez remodelado, escenario dunha mostra permanente de máis de dúascentas obras do pintor, ademais de almacenar os máis de tres mil volumes da biblioteca persoal de Seoane e as dúas mil oitocentas cartas que se conservan do artista.
un arquivo documental, unha tenda, despachos, unha cafeterÃa, unha biblioteca, un salón de usos múltiples e aulas para actividades.
A superficie dispoñible será de 3.500 metros cadrados, dos cales arredor de 600 destinaranse a exposicións organizadas en cinco salas.
A Fundación compartirá espacio no cuartel coa Universidade Internacional Mendéndez Pelayo. O proxecto de remodelación do cuartel está orzamentado en 3,6 milllóns de euros e estará rematado dentro de trece meses.
A casa da Caixa
A Fundación Caixa Galicia contará cunha sede en Ferrol o vindeiro ano, logo de que remate a rehabilitación do edificio do antigo Goberno Militar.
As obras, que contan cun orzamento de seis millóns seiscentos mil euros, transformarán este edificio do século XVIII nun dos centros culturais máis destacados da cidade.
O local contará con máis de 3000 metros cadrados de estensión distribuidos en catro andares e un soto que albergarán unha sala de conferencias, unha sala de exposicións, unha cafeterÃa, unha sala de xogos, unha sala de informática, instalacións médicas e un centro de maiores entre outros espacios.
Desde a Fundación sinalan que a inauguración do centro coincidirá cunha programación especial na Cidade Departamental.
O edificio, situado no Cantón de Molins, foi construido en 1791 para funcionar como cadea. Tamén desempeñou funcións de xulgado, corpo de garda e instituto entre outras, pasando en 1944 a ser a sede do Goberno Militar.