Dossier: A cultura das caixas

Descende a achega a cultura das Caixas galegas e o seu futuro queda en suspenso

13/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
9 lecturas | Compartido 0 veces
Lonxe queda aquela época na que a Fundación Caixa Galicia presentaba exposicións de artistas de primeira fila como Frida Kahlo, Diego Rivera, Tamara de Lempicka.... agora, a entidade aproveita do seu importante fondo para as exposicións. Non o é o único caso, Caixanova tamén aproveita a súa colección para as últimas exposicións. La Voz de Galicia publica hoxe datos da confederación de Caixas de Aforro (CECA) que aseguran que no 2009 se produciu o nivel mais baixo de gasto dos últimos oito anos. Nese ano Caixa Galicia achegou 17.8 millóns (case a metade do que investiu en 2008, con 30.4 millóns), e Caixanova 9.3 millóns (en 2008 foron 18.1). Aproveitamos para coñecer máis sobre a súa actividade e o seu futuro.

Universo culturagalega.gal