Unha serie de animación recupera os contos do Camiño de Santiago

O proxecto poderá verse en Madrid no Instituto Cervantes e no Museo Thyssen

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Os diferentes trazados do Camiño de Santiago serviron, ademais de instituír roteiros para chegar á cidade, de vías de entrada de contos, linguas e culturas doutros países. Esta segunda dimensión é a que recupera o proxecto Contos do camiño que elabora a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, dependente da Consellaría de Innovación. A este programa acábaselle de engadir un novo contido: unha serie de animación que se fixo completamente en Galicia e que toma o nome do proxecto (Os contos do camiño). A serie, ademais de facer parte dos proxectos educativos para escolares de Educación Infantil e Primaria, chegará ao Instituto Cervantes de Madrid, ao Museo Thyssen Bornemisza e a escolares de Francia e Portugal nos vindeiros dous anos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Camiño de 2010

Camiño de 2010

Unha serie audiovisual recupera os sete trazados xacobeos do Camiño de Santiago

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Camiño de Santiago, Animación, Instituto Cervantes...