Caixanova celebra as vodas de prata do seu centro cultural cunha ambiciosa programación

Unha exposición recuperará as actividades do centro nestes 25 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A obra cultural de Caixanova comezou en Vigo hai 25 anos. Un cuarto de século do que se teñen beneficiado máis de nove millóns de persoas, segundo explicou Julio Fernández Gayoso, presidente da entidade financeira, cando presentou a programación para este centro. “Compartindo ilusións” é o lema que agrupará todas as actividades conmemorativas, entre as que destaca unha exposición que repasará este percorrido. Un total de cen actividades que manteñen as súas liñas tradicionais de actividade (exposicións artísticas, música clásica e contemporánea, ballet, teatro galego e estatal) que se concreta en nomes como A Orchestra Sinfónica di Milano, o ballet de Sara Baras, Les Luthiers, Serrat ou Nena Daconte.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Exposicións, Teatro, Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares