A música e o teatro protagonistas da programación Caixanova en A Coruña

Nova Pontevedra, nova Coruña

O Centro Cultural Caixanova acaba de presentar a súa programación na cidade herculina. Un cartel semestral que levará ata a Coruña nomes tan coñecidos como La Fura dels Baus, Antonio Canales, Els Joglars ou Joan Manuel Serrat. Pero ademais, da presentación do cartel Julio Fernández Gayoso, director xeral de Caixanova, advertiu que a entidade financeira subvencionará as entradas para os espectáculos.

Cartel para seis meses



A entidade Caixanova ten prevista a súa programación na cidade herculina durante seis meses. Así o asinaron, o alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez e o director xeral de Caixanova Julio Fernández. En virtude deste acordo a cidade acollerá uns trinta espectáculos de música étnica, teatro, charlas, conferencias e exposicións no que aparecen nomes moi destacados. No apartado de música estarán Hevia (8 de febreiro), Serrat (16 de marzo), Budiño (28 de marzo), Michel Camilo e Tomatito (5 de abril) e Noa (12 de xullo). La Fura dels Baus estarán en A Coruña o 7 e 8 de xullo, Els Joglars XXXX. E xunto a eles Juan Diego e Ernesto Alterio escenificarán "Rosecrantz e Guildenstern morreu", e Juan Echanove "O verdugo". E todo xunto o mellor teatro galego. Ademais das diferentes charlas, conferencias e mostras sobre a Bienal de Gravado, Canales estará no Pazo da Ópera o 31 de marzo.


...de cifras



"Non me gusta falar de cifras", ó director xeral de Caixanova, Julio Fernández non lle gusta falar de cartos. Sen embargo, a programación para este semestre confirma a filosofía da empresa, que mantivo sempre un matrimonio permanente coa industria e coa cultura. De tódolos xeitos a entidade subvencionará a súa participación nos espectáculos de xeito que as entradas costarán entre cincocentas e tres mil pesetas.


O cine de amor en Pontevedra


Mentres se presenta a programación cultural para o primeiro semestre do ano en A Coruña, en Pontevedra a entidade financeira exhibe "Amores de cine", unha singular exposición composta por trinta lenzos que teñen como eixo común representar as escenas de amor máis populares e coñecidas das séptima arte. Lana Turnes e Robert Taylor , Rita Hayworth e Glenn Ford ou Lauren Bacall, Clark Gable e Joan Crawfor son algunhas das parellas de cine que forman parte desta mostras comisariada polo crítico de arte Fernando Francés.