A música culta e o teatro destacan na programación cultural de Caixanova en Ourense

Juan Diego Botto interpretará o Hamlet de Shakespeare

19/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Circo Acrobático Nacional de Pekín abrirá o vindeiro 3 de xaneiro as actividades da programación cultural de Caixanova en Ourense. Por diante quedan seis meses nos que a música clásica, o teatro e as conferencias se converten no eixe principal. Clásicos como o ballet de Manchuria, o Hamlet de William Shakespeare interpretado por Juan Diego Botto, Fuenteovejuna de Lope de Vega ou A cea dos xenerais de Jose Luis Alonso de Santos aparecen no convenio que onte asinaron Isabel Pérez, concelleira de Cultura e Julio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Teatro, Ourense, Shakespeare...

Claves

Entidades
Lugares