Comeza o I Mostra de Teatro Clásico de Lugo con "O cabaleiro de Olmedo"

Clásicos do teatro

29/1/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"O cabaleiro de Olmedo", o clásico teatral español do século XVII escrito por Lope de Vega, abre hoxe a primeira mostra de Teatro Clásico de Lugo, que se prolongará ata o catro de febreiro. Por outra banda, Vigo acollerá a escenificación de "Rosencrantz e Guisdestern morreron", do grupo Nuvo Repertorio e na que actrúan Juan Diego Botto e Ernesto Alterio entre outros.

Obras de toda a vida

Desde hoxe e ata o venres cinco clásicos do teatro se represetarán cada día ás oito e media da tarde no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. As representacións inclúense dentro da I Mostra de Teatro Clásico de Lugo que organizan o Concello e mailo grupo Achádego Teatro. Esta tarde será "O cabaleiro de Olmedo" de Lope de Vega a obra que abriá o encontro, e será posta en escea pola compañía Al Suroesta Teatro de Badaxoz. Mañá será compaía Teatro Corsario de Valladolid a que representará "Edipo Rei" de Sófocles, e Francisco Pillado impartirá na sede de Caixa Galicia a conferencia "O inicios do teatro galego" ás oito da tarde.


Mais obras

O mércores o coñecido actor Rafael Álvarez "El Brujo" realizará o monólogo da obra "Lazarillo de Tormes", que xa foi unanimemente aclamda pola crítica española. Para o xoves unha compañía galega, Achádego Teatro, porá en escea a "Aulularia" de Plauto, e o venres Teatro do Noroeste pechará a mostra con "A Celestina" de Fernando de Rojas. As entradas a todas as representacións son gratuitas e pódense recoller no Concello.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lugo, Clásicos, Vigo...