Baixo o tÃtulo de “Galicia 25” percorreranseos fitos máis destacados da cultura galega neste último cuarto de século. Unha exposición que chega da colaboración entre Caixanova e o Consello da Cultura Galega e que centra as principais mostras da programación que a entidade financeira presentou para os vindeiros meses en Vigo. Canda esta exposición, a entidade financeira segue fiel aos seus principios: teatro, danza e música clásica no que se alterna a presenza de grupos galegos con estranxeiros. En total hai programados máis de cincuenta espectáculos entre os que destacan nomes como Els Joglars ou Jordi Glacerán (gañador dun premio Max por Carnaval) no ámbito teatral; a Orquestra Sinfónica Philarmonie de Magdeburg no musical ou o último espectáculo da Fundación Julio Boca, na danza.
Programación de Caixanova de outubro a decembro. .