Caixanova presenta un programa para Pontevedra pensando nos máis novos

A programación cultural estenderase ata xullo de 2009

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Nena Daconte, Lizagairo, Odaiko Percusion Group e as montaxes de teatro de Yllana e Paco León son o núcleo da programación que Caixanova deseñou para os novos en Pontevedra. A proposta sociocultural do primeiro semestre mantén as súas liñas habituais de traballo: música clásica, lírica, danza e teatro a cargo de formacións galegas, estatais e internacionais. No marco do seu apartado expositivo, o vindeiro 12 de decembro chegará á cidade do Lérez unha nova recalada da exposición Galicia 25, unha cultura para o novo século creada para conmemorar as vodas de prata do Consello da Cultura Galega que fai un percorrido da cultura no último cuarto de século.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Pontevedra, Teatro, Montaxes...