O teatro protagoniza a oferta cultural de Caixanova para a cidade da Coruña

Entre as actuacións previstas figura o Ballet Nacional de Cuba

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O 26 de setembro arrinca a programación de Caixanova na Coruña. Será con Días de Viño e Rosas a obra de teatro protagonizada por Carmelo Gómez e Silvia Abascal que aborda a problemática do alcoholismo. É tamén unha das marcas de identidade do cartel da obra cultural da entidade financeira na cidade, xa que o teatro é o prato forte. Canda el, haberá espazo para a danza, onde destaca a presenza do Ballet Nacional de Cuba (2 de outubro); a música (Milladoiro ofrecerá un concerto co que celebrará o seu 30 aniversario) e as exposicións. Será no marco desta programación, cando chegue á cidade herculina Galicia 25, unha cultura para o novo século, mostra organizada para celebrar os vinte e cinco aos do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Caixanova, A Coruña, Cuba...