Unha montaxe recupera a poesía galega e portuguesa do século XX

É o espectáculo co que comeza a andar a compañía Teatro Nu

Coa palabra na lingua é a carta de presentación de Teatro Nu, que nace coa intención de superar a narratividade clásica de presentación, nó e desenlace. A compañía está dirixida por Mónica Camaño e Zé Paredes, que tamén son os dous intérpretes desta primeira montaxe. Coa palabra na lingua fai un percorrido emocional pola poesía portuguesa e galega, desde os poetas de inicios do século XX até os de hoxe. A música en directo de Anxo Graña acompaña esta montaxe que se estrea esta noite na Sala C de Compostela.