Teatro do Atlántico aposta pola poesía no seu novo espectáculo

De abrentes e ocasos estréase en Arteixo o vindeiro 2 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago, acompañados da música en directo de Nani García, levan a escena De abrentes e ocasos, o novo espectáculo de Teatro do Atlántico. A compañía presenta un recital dramático de poesía galega contemporánea, con pezas escolleitas "segundo o motivo fundamental da reivindicación da lingua", tal e como explica a presentación da montaxe.

Voz, corpo e música mestúranse para levar ao escenario textos dunha vintena de poetas, con nomes como Uxío Novoneyra, Marta Dacosta, Fiz Vergara Vilariño, Olalla Cociña, Inma L. Silva, Eduardo Blanco Amor, Salvador García Bodaño, Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Luísa Villalta, Sophia de Mello, Eduard Velasco, Xúlio L. Valcárcel, Antía Otero, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Eva Veiga, Antón Avilés de Taramancos, Maria Xosé Queizán, e María Victoria Moreno. Arteixo acollerá o vindeiro 2 de marzo a estrea da que é a trixésimo terceira produción da compañía, no marco do ciclo Marzo en verso.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Algún día…

Algún día…

Teatro do Atlántico reflexiona sobre a vida a raíz de catro actrices na súa última montaxe

Atlántico na memoria

Atlántico na memoria

Teatro do Atlántico presenta unha historia de amor no contexto da emigración e da guerra civil